Quería actualizar onte, pero precisamente a neve foi o motivo para que non puidese.
Hoxe é día de avaliacións, e aproveito un descanso entre as catro que teño para teclear un pouco.
Moitas veces teño explicado nas clases que, en contra da opinión máis común, o Sudoku non é un xogo non que se demostren capacidades matemáticas. De feito os razoamentos non son matemáticos. Para un matemático o interesante en canto ao Sudoku é determinar cantos Sudokus distintos hai, ou as condicións que ten que cumprir un taboleiro semibaleiro para ter solución,e solución única.
E para que vexades que os números no Sudoku non son imprescindibles, aquí tedes unha versión con figuras de Nadal:
E un problema sinxelo e rápido, se entendedes o asunto:
Cal é a última cifra decimal ao facer a división:
\frac{1}{2009}
Sinxelo, moi sinxelo...
Abur
0 comentarios:
Publicar un comentario