Diagrama da Cultura Geek, por Ibrahin Evsan
Vexamos que cousas novas hai por aí, nesta estraña tarde de avaliacións:Para comezar, unha ilusión óptica que está petando os blogs que leo tódolos días. Fixádevos no borde dos escaques do taboleiro, antes e despois de que eliminen as bólas. Non é alucinante?
Agora un xogo destes que fan perder o tempo sen que o xogador perciba o paso do tempo:
Online Basketball
Desde o primeiro lanzamento que falledes, está claro que vas perder uns minutos, crédeme.
Outro xogo, pero este dos de pensar:
Crossed Wires
Este xogo segue unha tradición de xogos de apagar as luces, como o Lights Out. Como sempre, a luz que apagas ou acendes inflúe nas luces da súa veciñanza.
E tiña que postear esta nova, para deixar claro que non todo está perdido:
"Rage Against The Machine derrota al pop de realities"
Non sei se puxen xa esta canción, pero hoxe paga a pena:
E por último, un ovo de pascua de Google:
Ide á páxina en inglés de Google, e premede I'm feeling lucky sen pór nada no campo de busca. Vistes?
"Voy a tener Suerte significa menos tiempo buscando paginas y mas tiempo mirandolas."
ResponderEliminarComo mola iso, eu xa me habia dado conta, xa o habia lido nun foro pero non o mirara.
Pero unha duda, google fariao a proposito?......
Jajajaja
Canta xente pasará o tempo mirando para a conta-atrás?
ResponderEliminarPolo que lin, noutras ocasións estas contas están na web oficial marcando algún lanzamento do equipo de google, pero neste caso apunta claramente a...
que cada un o mire XD