21.5.10

Difícil ou moi difícil?


O xoves estaba eu un pouco parvo, o que provocou que un simulacro de exame que ía darlles aos alumnos de 3º quedase no rango de simulacro de simulacro. O exame foi hoxe venres, polo que pensei en utilizar o simulacro directamente como exame. Pero debido a que non son totalmente maligno (iso déixoo para 2º de E.S.O. B), e a que os simulacros adoitan ser moito máis difíciles que os exames, pois déronme as doce pensando problemas onde utilizar o Teorema de Pitágoras. Comparade vós mesmos o problema que estaba no simulacro, que xa utilicei varias veces (a última no 2008-09 nun boletín de exercicios de ecuacións de 4º):


Nesta figura hai que atopar o valor do raio da circunferencia azul (non vai ser o da verde).

E agora o problema que finalmente apareceu no exame:





Onde hai que calcular a área da zona violeta, sabendo só que o lado do cadrado verde é 5 cm.

Se algún alumno meu de 3º C le este post (cousas máis raras teño visto), quizais modifique a súa opinión sobre a dificultade do exame. Quizais.

Ben, e cambiando totalmente de tema, o meu compañeiro José Luis colgou no seu blog os audios das pasaxes da Historia que narraba maxistralmente o xornalista Juan Luis Cebrián. Se non escoitastes nunca unha, aquí tedes a oportunidade.

0 comentarios:

Post a Comment