25.5.10

Martin Gardner



Quizais para moitos non signifique nada este nome. Pero para os seus seguidores, coma min, que lemos libros como os Entertaining Mathematical Puzzles, Mathematical Circus (tradución ao español on line, Circo Matemático), e tantos outros, Martin Gardner forma parte da nosa cultura, non só matemática, senón cientifica en xeral. Por poñer un exemplo, a primeira vez que lin sobre a Faixa de Moebius (que era o meu anterior avatar neste blog) foi nun libro de Gardner, varios anos antes de estudala formalmente en Topoloxía Xeral de 2º da carreira.



Pois ben, o maior divulgador do século XX finou o sábado aos 95 anos. Ademais da divulgación matemática, Gardner concentrou os seus esforzos en loitar contra os fraudes pseudocientíficos. Fraudes que non deixan de ameazarnos hoxe en día: non hai máis que botarlle unha ollada á televisión, non só a anuncios fraudulentos sobre falsas propiedades de "produtos máxicos", senón tamén Power Balance e outras trapalladas... Con este fin foi un dos fundadores do Committee for the Scientific Investigation of Claims of the Paranormal e escribiu unha columna no Skeptical Inquirer desde 1983 ata 2002.

Para homenaxealo hoxe proporei un par de problemas tirados dun dos seus libros:

Mr. Smith ten pensado viaxar en coche de Chicago a Detroit, e despois volver polo
mesmo camiño. Quere ter unha velocidade media de 60 millas por hora en toda a viaxe. Ao chegar a Detroit calculou a súa velocidade media na viaxe de ida e observou que foi só de 30 millas por hora. A que velocidade media ten que facer a viaxe de volta para que a súa velocidade media de toda a viaxe sexa a desexada, é dicir, 60 millas por hora?



Calcula a diagonal do rectángulo, da figura, coa única axuda das dúas medidas que aparecen:

Podedes var un artigo sobre Gardner en El País.

0 comentarios:

Publicar un comentario