4.5.10

Now playing!

Desde que adaptei o meu método de ensinanza en 2º de E.S.O. ao clásico: lede en voz alta o libro de texto (e así de paso usámolo para algo ademais dos exercicios mecánicos) curiosamente non noto ningún empeoramento da comprensión. Polo menos tampouco noto ningunha mellora, cousa que si que sería preocupante.

Como teño que estar catro horas á semana artificialmente anoxado nunha clase, non teño moitas ganas de temas serios fóra dela.

E así chegamos aos temas que quero comentar hoxe: xogos.

O primeiro é outro clon máis do Tetris, pero neste caso xogado sobre os lados dun cadrado (e por tanto a figura completa, en troques dun rectángulo, é un ortoedro). Chámase Tetris Cuboid 3D, e é bastante sinxelo, só resulta complicado cando non dá tempo para mover as pezas polas arestas do ortoedro:


Quizais debería crear unha etiqueta especial "Tetris", pois non sei xa cantos xogos baseados no xogo de Alexei Pajitnov terei comentado.


E no outro xogo, Time Paradox, creas copias do personaxe mediante máquinas do tempo que hai pola pantalla de xogo, tendo en conta que eses clons non poden atoparse, como é ben coñecido por tódolos fans da ciencia-ficción. Ademais, o teu personaxe só pode actuar durante 30 segundos, e cada máquina do tempo só pode ser utilizada unha vez, ata que perdas unha vida.
Observade por exemplo como o personaxe está agochado do seu clon nesta captura:


Aínda non xoguei moito ao Time Paradox, espero que os niveis superiores non decepcionen.

E se queredes saber máis do tema, hai un interesante e extenso artigo na wikipedia sobre as viaxes no tempo aquí.

1 comentarios: