14.2.14

Xoguemos en 2D

Non é a primeira vez que traio xogos que utilizan a dificultade que é inherente a plasmar en dúas dimensións un mundo de tres dimensións espaciais. Hoxe é a quenda de tres xogos ben distintos, pero que comparten esa característica.

O primeiro, Dynetzzle, parte dunha premisa ben sinxela e coñecida: o dado estándar cúbico ten os seis números dispostos de tal xeito que as caras opostas sempre suman 7. Unindo ese feito aos desenvolvementos planos do cubo e á posibilidade de que dados distintos compartan caras, habemus ludum. Observade unha fase calquera do xogo:

Unha mágoa que só haxa 10 fases

Quédame a dúbida de se é posible rematar o xogo sen facer ningún tipo de razoamento tridimensional. Intuitivamente parece que si...

O segundo xogo, Naya's Quest (do sempre creativo Terry Cavanagh), a simple vista é un xogo máis sobre celas en perspectiva isométrica, mais agarda unha agradable sorpresa (aínda que non ao comezo do xogo): en certas pantallas parece que hai continuidade cando en realidade o que sucede é que unhas celas solapan a outras, unha ilusión óptica constante provocada pola perspectiva.


Adiviñas a dificultade?

Finalmente, en Projective o nome non podía estar mellor escollido. Pois tes que moverte por cuartos tridimensionais cheos de volumes estraños ata observar a escena requerida na esquina superior esquerda. É dicir, tes que obter unha proxección determinada das virtualmente infinitas que pode acadar a túa vista.


Requiere o plug in de Unity
As escenas que van pasando por diante dos teus ollos chegan a ser realmente extravagantes.


0 comentarios:

Post a Comment