Xa van máis de dous anos desde o último post puramente lúdico. E como nos últimos tempos sigo unha liña demasiado solemne, creo que é hora de relaxarse.
En primeiro lugar, oístes falar de Vine? Non? Seguramente os gurús tecnófilos aínda non o descubriron, pois esta app para facer microvídeos é unha opción evidente para ferramenta-panacea nas clases da ESO, Primaria, Infantil... (o feito de que para usar Vine haxa que ter conta en twitter, o que é ilegal ata os 14 anos non representaría obstáculo algún).
Pois ollade o tipo de cousas que fai este rapaz con esa aplicación:
Imaxino que ningún gatiño foi danado na elaboración dos vídeos
E agora un vídeo para que aqueles que, coma min, non dan feito malabares nin con dúas bólas:
Carpool Lane from Tom Gaasedelen on Vimeo.
E para rematar, o incombustible Richard Wiseman vén de publicar o seu décimo vídeo con 10 apostas que non podes perder. Se vistes os anteriores, xa saberedes que podedes agardar:
0 comentarios:
Publicar un comentario