26.1.09
Garrafas e Bruce Willis
Xa tardaba en aparecer un problema dos máis típicos dentro das Matemáticas recreativas: o famoso Problema das garrafas de auga. Tódolos afeccionados ás Matemáticas e a resolución de problemas coñéceno ben, e debido á súa inclusión dentro da película Die Hard 3 (en España, "La jungla de cristal 3", nunca tal fixeran cunha tradución dun título) chegou o problema ao gran público. O problema di así:
Temos unha fonte da que sae auga sen parar e dúas garrafas sen graduación de 5 e 3 litros de capacidade. Queremos, nestas condicións, medir exactamente 4 litros.
Para unha aplicación on line que simula este problema, déixovos dous enlaces dentro da páxina Cut-the-knot, nos que ademais explica a historia do problema e as conexións matemáticas:
The three jugs problem
Water puzzle
Por se este problema resulta demasiado sinxelo, póñovos outro similar, que aos que xogastes ao Puzzle Freak xa vos soará:
Temos tres garrafas, dúas baleiras de 7 e 3 litros e unha chea de 10 litros. Tedes que chegar a ter 5 litros en cada unha das dúas garrafas grandes.
Etiquetas:
Matemáticas no cine,
Problemas
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Profe, eu este xa cho resolvin en clase asi que sei que sei que cheas a de cinco, pasas tres litros a de tres e a de cinco ten dous, vacias a de tres, e pasas os dous litros ahi, cheas a de cinco, e recheas a de tres, asi xa tes catro litros na de cinco.
ResponderEliminarProfe e que son un crack, a vantaxe de comer os luns na casa e que te adiantas a todo deus na resolucion dos problemas.
Vale, Jose, es un lóstrego, pero lémbroche que no post hai outro problema relacionado. E leva un pouco máis.
ResponderEliminarpois xa o teño, cheas a de tres, e na de dez quedan sete logo, pasas vacias a de tres na de sete, e se as garrafas estivesen disposta de maior a menor de debaizo o numero de litros seria:
ResponderEliminar10 7 3
7 3 0
Logo coa de dez cheas a de tres, e (supoñendo que es garrafas van de mair a menor sempre) quedaria 4-3-3, logo coa de tres pasas tres litros a de sete (4-6-0) e logo volves chear a de tres coa de de dez (1-6-3)e coa de tres pasas a de sete os tres litros (1-7-2), despois, coa de sete cheas a de dez (8-0-2), o da de tres, pasallo a de sete (8-2-0),cheas a de tres coa de dez (5-3-2) e pasas o da de tres a de sete (5-5-0), xa esta, resolto.
E por fin logrey respondelo todo no mesmo comentario.
Chao profe.
7-3-10
ResponderEliminarEchas 3 en el de 3 y lo vacías en el de 7
Echas 3 3n el de 3 y lo vacías otra vez en el de 7, vuelves a llenar en el de 3 y te quedan 6 en el de 7, 3 en el de 3 y 1 en el de 10.
Vacías el de tres en el de siete y como solo entra 1, te quedan 2 en el tres , 1 en el de 10 y 7 en el de 7.
Por fin vacías los 7 en el de 10 que tendra 8, lo 2 del de tres en el de 7, luego 3 en el de 3 y luego al de 7 los 3 y ya tiene 5, y ya esta (que lio)