20.1.09

Que lambóns!





Despois da comida, Antía comeu 4 bombóns, Beatriz 3, Nerea 2 e Verónica 1. Álex comeu tantos bombóns como a súa moza, Manuel o dobre que a súa, Carlos o triplo que a súa, e finalmente Iván o cuádruplo de bombóns que a súa moza. Na mesa hai agora 32 envoltorios.

Como se chama a moza de Carlos?

10 comentarios:

  1. Vaia velocidade, Patricia! Ben, polo momento non che vou dicir se acertaches ou non. O que podes facer é poñer cantos bombóns papou cada quen, para comprobalo.

    ResponderEliminar
  2. Álex é o único que sabe compartir , Iván e Manu van a engordar demasiado

    ResponderEliminar
  3. Antia = 4
    Beatriz=3
    Nerea = 2
    Veronica=1

    Manuel come o dobre de Beatriz (6), Ivan o cuadruplo que antia (16) , carlos, o triplo de Veronica (3 pero aqui sumamoslle o bombon da moza agora porque liome)agora haberia 26 bombons sobre a mesa, mais os catro de antia, 30, mais os dous de nerea (que esta soltera, pobriña) 32. e ahi a solucion, a moza de Carlos é Veronica.

    ResponderEliminar
  4. Perdoa profe, esquecinme de alex

    ResponderEliminar
  5. He, pero alex tirou o seus envoltorios ao lixo por que e o unico limpo, ou compartiu os bombons coa sua moza. e xa sey que o podia poñer todo nun comentario, pero e que xenero unha ocurrencia cada 56 segundos ou asi.

    ResponderEliminar
  6. Ja, ja, Jose, vaia lío montaches! Parece que non é tan sinxelo explicar, eh? Veña, cando aclares as ideas, anímote a que sintetices a túa solución nun único comentario (se pode ser)

    ResponderEliminar
  7. haber si que e veronica xa que a moza de ivan e nerea a de manuel antia e a de alex beatriz
    alex 3 manuel 8 carlos 3 ivan 8 antia 4 beatriz 3 nerea 2 y veronica 1 e se sumas da os 32 envoltorios

    ResponderEliminar
  8. Ben explicado , Ángela. Perfecto.
    A ver agora o das lámpadas

    ResponderEliminar
  9. Alex e o único que comparte porque toma tantos bombóns como a sua moza ,Bea ,pero .......Manu e Iván , oito bombóns cada un deles , por eso digo que van a engordar demasiado , non se pode comer oito bombóns despois de comer non e san

    ResponderEliminar