Non vos trabuquedes, non falo de ninguén en particular. Este é o título do primeiro problema que vos deixo eiquí. É bastante difícil (creo eu), pero espero que alguén o resolva. Lembrade poñer o voso nome e inicial do apelido nos comentarios, aínda que non vos saia por completo. Aí vai:
Supoñamos que o 25% da xente lista é guapa e que a metade da xente guapa é lista. Supoñamos ademais que o 25% de toda a xente non é nin guapa nin lista. Que porcentaxe de toda a xente é guapa e lista ao mesmo tempo?
Déixovos un esquema para que o entendades mellor:
8.1.09
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
un 25%
ResponderEliminarun50%
ResponderEliminara mi me da un 6,6666...%
ResponderEliminartamen me da 16,877 aver se algun esta ben
ResponderEliminarPois de momento non, Ángela, pero estás preto da solución. Xa me comentarás na clase como o pensaches. Avisei de que era bastante difícil, e máis para os alumnos de 1º de ESO, que aínda non vistes o tema de porcentaxes.
ResponderEliminara min dame un 15% esta ben?¿
ResponderEliminarSaúdos, Teresa. E como chegaches a ese resultado? Aos teus compañeiros seguro que lles vai aproveitar.
ResponderEliminarPor certo, é correcto. Non era sinxelo.