Pero quizais vós prefirades ver nun formato claro (non como o dos posts) as solucións. Así que espero, a partir de agora, pór as vosas solucións maís ou menos cada semana. Desta lembrarei tódalas solucións que foron aparecendo ata o momento, en orde cronolóxica:
- Listos e guapos- A porcentaxe era do 15%, como moi ben amosou Teresa.
- Torneo de Fútbol- Os resultados foran A-B: 1-0, A-C: 1-0, A-D: 1-0, B-C: 1-0, B-D: 2-1, C-D: 3-2. Non houbo solucións asinadas.
- O plano da casa- A cociña ten que medir 16 metros cadrados, como apuntou un anónimo.
- Ciclistas- Amencera ás 4:30, e tiveron que ser Mariángel e Cutús quen o resolveran (xa avisei que era difícil)
- Multiplicar é sinxelo, pero...- O multiplicador é 21978, atopado por varios anónimos e Álex.
- Estará a vosa acesa?- Un anónimo atopou un xeito moi orixinal de nomear as lámpadas (as cores do Arco da Vella), e a súa solución coincide coa de Ángela, que numerou as lámpadas do 1 ao 7: 1-4-3-2-5-7-6. Gustaravos saber que, aínda que non o parece, hai unha solución moi sinxela: simplemente ide dándolles ás lámpadas por orde, do 1 ao 7. Sorprendente, non si?
- Que lambóns- As parellas (co nº de bombóns entre parénteses) son: Manuel (8)-Antía (4), Álex (3)-Beatriz(3), Iván (8)-Nerea(2) e Carlos(3)-Verónica(1), como moi ben apuntou Ángela.
- Garrafas e Bruce Willis- Jose atopou solución para os dous problemas, como é certamente enleado escribilas, usarei unha ferramenta matemática: os pares ordenados (como os que representan puntos no plano) e as ternas ordenadas (como os puntos no espazo). Para o 1º problema o primeiro número do par expresará os litros que hai na garrafa de 5 litros e o segundo os da de 3 litros. No 2º problema, os números expresarán os litros das garrafas de 10, 7 e 3 litros. Deste xeito as solucións teñen o aspecto:
- (0,0)-(5,0)-(2,3)-(2,0)-(0,2)-(5,2)-(4,1)
- (10,0,0)-(3,7,0)-(3,4,3)-(6,4,0)-(6,1,3)-(9,1,0)-(9,0,1)-(2,7,1)-(2,5,3)-(5,5,0)
Muy buena cancion Mad World de Gary Jules si no me equivoco, una de mis canciones blues-balada favoritas, profe las clavas todas, por certo, o de factor comun xa me quedou, explicas moy ben profe eres o que mellor exlica, que co de primeiro, te tirabas toda a clase atendendo e de dez pasos, fallabante 9 non sey por que, es era moi soso.
ResponderEliminarOla, Jose. Curiosamente Mad World é orixinalmente dos Tears for Fears(un grupo dos oitenta do que en España escoitamos moito a canción "Shout"), pero na miña opinión a versión de Gary Jules da OST de "Donnie Darko" supera á orixinal con moito. Por certo, a que é bonito o vídeo? O director, Michel Gondry ten feitos moitos videoclips de artistas ben coñecidos como The Chemical Brothers ou Björk.
ResponderEliminarNada máis, e graciñas polo peloteo gratuíto.
A cancion soame profe, pero non sei de que, pero o de que todos vaian co mesmo peinado no videoclip xa me parece un pouco excesivo.
ResponderEliminarVemonos maña na clase