26.4.10

Abril, 28 graos Celsius





E mañá 29, segundo meteogalicia. Cousas do clima continental.

En primeiro lugar, para os alumnos de 1º de Bacharelato, acabo de colgar a solución do exame da 2ª avaliación na wiki. Como sempre, espero que non haxa moitos erros.

Había tempo que non enlazaba unha aplicación on line de Matemáticas. Pois a de hoxe, Functions3D, dun deseñador chamado Ben Joffe, fai gráficas tan claras como este paraboloide hiperbólico (tradicionalmente chamada sela de montar, a razón podedes vela vós mesmos):

Curiosamente, non cheguei á web de Ben Joffe na procura dunha aplicación que debuxase gráficas de funcións en 3D, senón tras un Tetris no que a pantalla forma un cilindro, e non o rectángulo habitual. É dicir, que a liña do chan non é un segmento, senón unha circunferencia. Chámase Torus, e aquí tedes unha captura:




0 comentarios:

Publicar un comentario