2.4.10

Catro dimensións




Nos últimos días houbo varias novas sobre o LHC (Large Hadron Collider) nas que se mencionou, unha vez máis, a Teoría de Cordas. Nesta teoría afírmase (entre outras cousas) que no Universo hai 11 ou 10 dimensións, das que só percibimos catro, as tres espaciais e a temporal. Podedes ler un artigo sobre o LHC no Maikelnai's Blog.

Simultaneamente souben da creación dun videoxogo, Miegakure, no que temos que aproveitar o salto á cuarta dimensión (neste caso "espacial") para resolver problemas no espazo tridimensional. O xogo aínda está en fase de desenvolvemento, pero xa temos un vídeo demostración:





Eu xa estou esperando a que saia o xogo, a ver se cumpre as expectativas.

E por último, en xkcd houbo unha referencia ao Miegakure, e na mesma historia, tamén hai unha mención de SpongeBob.

Xa que colguei unha representación da Garrafa de Klein, vou enlazar a páxina de construcións clásicas do Departamento de Xeometría e Topoloxía da Universidade de Santiago:

Miscelánea de Superficies

E tamén o famoso vídeo no que Carl Sagan fala da cuarta dimensión, e pon a analoxía da relación entre o mundos 2D e 3D que é tratada no clásico Flatland, de Edwin Abbot (tradución ao castelán, Planilandia)

0 comentarios:

Publicar un comentario