22.1.12

Un mareo de problema


En primeiro lugar, a imaxe de enriba é a solución do problema anterior, que quizais non era tan evidente como supuxen eu.

Para compensar, un problema que non engana, tirado de "The colossal book of short puzzles and problems", de Martin Gardner (de quen ía ser?).

A figura do problema é realmente mareante, non só polo que me levou facelo no geogebra, senón pola sensación que provocan as liñas verdes. O feito de que sexan verdes (que empeora a visión) é consecuencia de ter usado o comando "secuencia" no geogebra para atallar no trazado.

Nesta ocasión trátase de atopar no debuxo da esquerda unha figura semellante á da dereita. E cando digo semellante, quero dicir o que significa de xeito rigoroso: unha figura coa mesma forma pero de distinto tamaño (de tal xeito que terá lonxitudes dos lados proporcionais á da dereita):



0 comentarios:

Publicar un comentario