Estades dispostos a quedar pampos? Observade este breve vídeo:
O que non estou é certo de que sexa unha ilusión. Eu coido máis ben que é simplemente un "efecto", aínda que tampouco teño moi claras as definicións, a dicir verdade. Atopei esta pequena marabilla no novo blogue Sploid da rede Gizmodo, no que podedes achar cousas como este alieníxena:
Se queredes saber o que é, ide a Sploid, ide... |
Esta semana tamén vin outra revisión do Triángulo de Penrose-Escaleira Imposible nunha web de arquitectura e deseño, Arch20:
Infinite Staircase de Olafur Eliasson |
É curioso que lle chamen escaleira infinita cando unha circunferencia calquera serviría de exemplo desa denominación. O esencial desta escaleira non é a súa infinitude, senón a súa imposibilidade, polo menos en 2D.
Se non sabedes o que estades a ollar, seguramente a versión orixinal será de axuda:
Penrose Stairs |
Que, á súa vez, é unha revisión do propio Penrose do seu celebérrimo Triángulo:
Probablemente un dos deseños máis copiados |
Claro que o que é imposible en 2D pode ser só cuestión de perspectiva en 3D (pensade por exemplo no coñecido problema de conectar 3 casas coa luz, gas e auga, que sinxelo é en 3D). Era sabido que alguén o ía facer no mundo real:
Este en Perth, Australia:
E estoutro en Ophoven, Bélxica:
)
0 comentarios:
Publicar un comentario