Por un rechío do sempre activo James Tanton cheguei a este fermoso problema. Botádelle unha ollada:
O vídeo foi publicado por The Global Math Project, nova iniciativa pola divulgación das Matemáticas á que eu veño de apuntarme.
Despois de ver o vídeo, varias xeralizacións abrollan:
- Que sucede se o cadrado non ten as dimensións 5x5?
- Que sucede se o taboleiro é un rectángulo non cadrado?
- E outras formas?
- ...
Ben, creo que abonda con este problema e os seus derivados para esta noitiña. Permanecede expectantes á revisión deste ano no voso blogue preferido de Matemáticas de educación matemática dun profesor de Matemáticas.
0 comentarios:
Publicar un comentario