17.10.19

Unha curiosidade con porcentaxes


Nun test para avaliar o coñecemento dos alumnos de 4º sobre porcentaxes, con especial énfase no uso dos índices para os cálculos, incluín o seguinte ítem:

Unha ameba que mide 300 μm de largo lanza un pseudópodo que lle fai aumentar a súa lonxitude un 50%. Despois retráese para alimentarse, perdendo un 40% da súa lonxitude nese momento. Que porcentaxe de variación sufriu a súa lonxitude neste proceso?
  1. -10%
  2. -60%
  3. +10%
  4. -40%
Xa podedes intuír que os 300 μm non fan falta para nada, o cálculo a este nivel redúcese a:
$1,5 \cdot 0,6=0,9$, de onde a variación foi do 10% de mingua da lonxitude.

Que ten de interesante este exercicio? Pois que o erro máis inocente no cálculo da variación, a saber, 50%-40%=10% de suba é xusto o oposto do cálculo real, que acabamos de ver que é 10% de diminución.

A pregunta é obrigada:

Hai máis casos nos que unha suba do a% seguida dunha baixada do b% dea un resultado oposto a unha suba do (a-b)%, é dicir, unha baixada do (a-b)%?

Quédavos aí un problemiña de números para quen teña ganas.




8 comentarios:

  1. Respostas
    1. Pois moitas grazas, "Min" (non sabía que abriras un blog, xa vexo que foi para un curso ;) )

      Eliminar
    2. Son unha lectora de blogs pero para facelos hai que saber escribir e ter boas ideas.

      Eliminar
    3. Muller, o que me cheira que debe de ser o blog dun profesor máis lido en España, que actualiza todos os días, ademais de escribir daquela maneira, escribe 2 de cada 5 entradas sobre o mesmo tema.

      Eliminar
  2. No 2004 na Estrada rebaixárase o recibo do IBI un 37%. Cando o PP conseguiu a alcaldía decidiu subilo. Para que quedara igual, dixera o alcalde habería que incrementar os recibos nun 37%.
    O alcalde estudou económicas

    ResponderEliminar
  3. Unha cousa é o que dixo, e outra é o que fixo

    ResponderEliminar