Aproveitando que estamos dando Xeometría, mandeilles aos alumnos de 4º unha folla con dous modelos idénticos a este:
Crebacabezas con 2 pezas |
Cunha sucinta explicación do que tiñan que facer:
- Recortar cada modelo e plegar pola liña de puntos para obter dous poliedros máis ou menos así:
Link |
- Agora xa tedes as dúas pezas do crebacabezas. Só tedes que ensamblalas para formar un tetraedro regular.
O puzzle é ben coñecido, adoita aparecer como ilustración das seccións do tetraedro, e xa forma parte do folklore matemático/da educación matemática. Lembreino desta volta mentres pasaba páxinas do libro de xeometría de Michael Serra, onde vén un modelo de tamaño mínimo, o que me obrigou animou a facer o modelo en geogebra, as imaxes que vedes arriba están en formato debuxo de google agora.
E non ten nada que ver co que estamos dando en clase. Pero deime o capricho, basicamente. Se alguén quere usalo cos seus alumnos, recoméndolle que faga un modelo por DIN-A4, eu fixen dous para dar só unha folla e queda demasiado pequeno.
Outro día, se teño tempo e ganas, fago modelos para o puzzle incluído en Un ítem famoso.
0 comentarios:
Publicar un comentario