8.10.09

U-las Matemáticas?

Porque eu non as vin por ningures...

Estou a descubrir estes días que só de bo humor podo concentrarme nas Matemáticas. Unha faceta da miña mente que descubro por cortesía da miña clase de 2º de E.S.O. Non sei se non agradecerllo.

Por esta razón, non vou postear hoxe nada que teña que ver co título do blog.

Imos aló.

En primeiro lugar, un vídeo do xogo que xa comentei anteriormente, Machinarium:





Agora, unha web (en inglés) onde podedes comprobar os vosos coñecementos sobre cuestións do máis variopinto, Mental Floss. Como mostra, podedes comprobar aquí se sabedes tódolos países da Unión Europea.

E para roer ben o meu mal humor, unha canción axeitada:





E nada máis por hoxe. Que lle imos facer...

0 comentarios:

Publicar un comentario