Loading [MathJax]/extensions/TeX/AMSmath.js

27.5.25

Olimpíada Matemática Galega 2025-Fase Final - 5

 

Chegamos ao final da olimpíada deste ano, e onde eu agardaba algún razoamento combinatorio, atopamos outro problema xeométrico.


Xustifica se a área da lúnula sombreada (figura con forma de cuarto menguante de lúa) é maior, menor ou igual á área do cadrado sombreado

    

Se non coñeciades xa esta figura, sede sinceros, que pálpito tedes con respecto a esas áreas?


Como sempre, é máis sinxelo criticar a elección dos problemas dun concurso deste tipo que traballar e poñerse a cavilar un. Indepentemente das teimas de cada quen(as miñas expresadas nestas últimas cinco entradas), houbo problemas ben fermosos nesta edición. Vémonos na seguinte fase local, zona de Ferrol, se non pasa nada raro.

2 comentarios:

  1. Se no enunciado vén a palabra "lúnula", ten que ser a de Hipócrates

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Lúnulas de Hipócrates, como Lemniscata de Bernoulli, é unha "colocación" desas, ao estilo de inimigo acérrimo ou seca pertinaz

      Eliminar