18.6.09

Tempo de avaliacións




Profesor de Matemáticas poñendo as últimas notas



É tempo de poñer notas. Corrixir exames, facer medias (canto lle debo á folla de cálculo!), revisar apuntamentos tomados na aula...

E ao final do proceso, as inexorables cualificacións: os números naturais dunha soa cifra,ademais do (insólito) 10. O cero foi desterrado das cualificacións con todo o seu poder censor, polo que moitos uns non son máis que ceros de Entroido. Alén diso temos o funil do 5, que como categoría (antes suficiente, agora aprobado) seguramente teña a maior capacidade. Quero dicir con isto que a variedade de situacións que se resolven cun 5 é moito máis ampla que, por exemplo, a do 7 ou do 2.

En fin, reflexións dun profesor de Matemáticas nun caloroso 18 de xuño.

Hoxe tiven algo de tempo para actualizar a lista de xogos da wiki. Puxen seis xogos máis que teñen que ver coa habilidade e a intuición, aínda que de xeitos moi variados. Nun por exemplo hai que repetir unhas notas musicais, noutro gañarlle ao ordenador dunha maneira que lembra ao clásico xogo dos ceros (cantos cadernos dos anos 80 e 90 gastados con este xogo e o aforcado!), noutro simplemente correr.

Antes de botarlle unha ollada aos vosos exames porei un problema axeitado ao clima de Valdeorras:


Tentade completar os vértices dun cubo cos números do 1 ao 8 de tal xeito que se sumamos os catro números das seis caras obtemos o mesmo resultado.




Para rematar o post, podedes botarlle un ollo a esta colección de cousas estrañas en órbita:

Los 10 objetos más extraños en órbita

0 comentarios:

Post a Comment