1.6.09
Aproveitando a marea
A banda de enriba atopeina nunha web de Matemáticas, Matemàtiques i altres sensibilitats, en concreto aquí.
Pero hoxe estou de bo humor grazas á sorpresa (para ben) que me deron os resultados do exame de funcións e porcentaxes de 1º A, así que a viñeta (polo menos hoxe) non responde á realidade.
Botádelle unha ollada a este xogo que enlazaron a semana pasada os microsiervos. Tedes que mover o cabalo negro ata a estrela seguindo as normas básicas do xadrez. Non é como o Troyis, no que o máis importante era a velocidade (de mente e co rato), senón que tedes que pensar ben os movementos. O único que conta é o número total de movementos que facedes.
E xa que estamos a ver un pouco de Xeometría en 2º de E.S.O., aí vai un problema con circunferencias.
Na situación seguinte, canto mide o radio da circunferencia pequena?
Digo eu que o radio da circunferencia grande é evidente, non?
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
o radio pequeno mide un
ResponderEliminarUmmm... creo eu que o radio sería 1 se a circunferencia pequena estivese a metade de altura do rectángulo, non? Neste caso é un pouco maior.
ResponderEliminar