10.6.09
Que pouco queda de curso!
Parece que foi onte o día no que comentaba a programación aos alumnos. Típico día no que aínda estás a distinguir as caras e relacionalas cos nomes. Ao mesmo tempo os alumnos están a escrutar ao profesor: Será moi duro? Deixará falar na aula? Pois parecía peor (ou mellor) antes de entrar na aula...Con este imos flipar!
Como tódolos profesores fomos algún día alumnos (se cadra aínda o somos), sabemos a que nos enfrontamos, e ese primeiro día é como un casting para nós. A dicir verdade, tamén para os alumnos, pois nese día moitos están a escoller o rol que van asumir todo o ano.
Por certo, a imaxe que dá entrada a este post foi collida de Matemàtiques i altres sensibilitats, da súa sección de humor gráfico. Busquei algunha referencia pola rede pero non atopei, así que non sei se a imaxe sería realmente utilizada nunha campaña publicitaria. Pero de tódolos xeitos é moi curiosa.
Que cousas pensa un cando remata o curso.
Veña, por non variar, un pequeno problema (outro aritgrama), este tirado do Torneo Matemático Harvard-MIT do 2009 (non é para tanto, tendo en conta que eu só pido a solución, non a demostración rigorosa):
Sabendo que cada letra corresponde a un díxito distinto, atopa o valor de a, b, c, d, e, f se ademais cúmprese a seguinte igualdade entre números de 6 cifras:
E agora un xogo, para relaxarnos de tantas Matemáticas. A ver quen fai máis puntos neste xogo no que as propias instrucións apréndense sobre a marcha. E rapidiño, pois moito tempo non hai para pensar:
Etiquetas:
Aritgramas,
Olimpíadas do Mundo,
Problemas,
Xogos
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Profe tes razon este ano o curso pasouse voando.
ResponderEliminarNon estaria nada mal que se volvese a repetir este cursos cos mellores compañeiros e con profesores tan bos como tu.
PD: Non fixemos os deberes `porque non sabemos mais que nada.
ah tamen queremos un simulacro, e que poñas o examen facil que xa e o ultimo e senon imos suspender.
pedazo comentario ehhh