22.6.09

"Minutos de la basura"

Así eran chamados os minutos dos partidos da NBA nos que o resultado xa estaba decidido antes do último cuarto cando a xente da miña xeración vía "Cerca de las Estrellas" os venres pola noite.

E nese preciso momento estamos. Mañá acaban as clases e algúns imos de excursión, pero no caso de ter clase mañá, cando as notas xa están postas, os minutos poden durar horas, tanto para os alumnos como para os profesores.


Un exemplo das cousas que facía Magic Johnson daquela:




Hai un feixe de vídeos así en Youtube. Veña, outro, agora con Larry Bird:




Pois hoxe nas aulas púxenlles aos alumnos o seguinte (ben coñecido) problema:

Con 4 catros acadar tódolos números do 1 ao 10 utilizando as operacións básicas, parénteses e unindo cifras se é necesario. Saíron tódolos números, as operacións realizadas foron:

CLICK PARA AMOSAR









Ocultei os cálculos dos alumnos porque o problema de hoxe consiste en facer o mesmo con catro cincos. Unha vez feito o dos catros non debería ser difícil.

0 comentarios:

Publicar un comentario