2.6.09

Un puzzle máis





Un sinxelo para estes días de Matemáticas curriculares (para ser exactos: Sistemas de Medida, Polígonos semellantes, Funcións de variable real e Probabilidade, hai que ver cantas Matemáticas están aí fóra esperando!).

Atopade un camiño desde a esquina superior esquerda ata a esquina inferior dereita que cumpra as seguintes condicións:
  • O camiño é unha liña poligonal composta por segmentos verticais e horizontais
  • Ten que pasar por tódolos círculos unha soa vez.
  • O camiño non pode tocarse a si mesmo, nin sequera en diagonal.
E atopei de novo un vídeo que comentei nas aulas que vira en microsiervos. Hai tempo que quería colgalo aquí, pero o enlace que eles teñen está roto, así que o busquei dun xeito distinto no youtube. Ollade ben esta criatura propia dunha película de ciencia ficción:




Alucinante, verdade? Non deixedes de ollar os demais vídeos relacionados ao rematar.

And now for something completely different: Sabe alguén que é isto e onde se pode atopar?


4 comentarios:

  1. Deixote a solución por gmail. e unha cousa, que relacion ten o piollo ese coa peli dos monkey phyton ou como se escriba, e onde se pode atopar o que, a peli ou o piollo.

    ReplyDelete
  2. A relación coa frase dos Monty Python é simplemente que eles (en concreto John Cleese) dicían moito esa frase para saltar dun tema a outro sen relación algunha. E non é un piollo, non.

    ReplyDelete
  3. parece un ácaro, como los del polvo.
    Cts

    ReplyDelete
  4. Efectivamente é un ácaro. Interesante este dato da wikipedia:
    "En un metro cuadrado de suelo en un bosque boreal de coníferas se encontraron más de 1 millón de ácaros pertenecientes a 200 especies distintas de al menos 50 familias."

    ReplyDelete