12.6.09

Xa é venres








Que, móvense ou non? Ou é o voso cerebro?

Sen máis preámbulos, un problema tirado do Círculo Matemático de Berkeley:

Oito cadrados de lado unidade son colados formando dous grupos de catro cadrados (recoñecedes as pezas do Tetris?) e eses grupos son unidos de tal xeito que se atopen en tres puntos A, B e C como amosa o debuxo. Tedes que atopar a distancia AB.




Aviso: é bastante difícil.

E como non hai mellor antídoto para o mal humor que o xogo, aí vai un, bastante parvo se teño que ser sincero.


Escapa do monstro vermello saltando de planeta en planeta. Esvara sobre eles e sobrevive o maior tempo posible comendo chocolatinas.

4 comentarios:

  1. Efectivamente mide 1,25, lacónico anónimo. Agora poderías comentar como atopaches o resultado correcto?

    ReplyDelete
  2. This comment has been removed by a blog administrator.

    ReplyDelete
  3. aplicando pitagoras con una ecuacion de segundo grado
    (AB)2= (1)2 + (2-BC)2
    y como AB= BC= x
    x2 = 1+ 4 +x2 -4x
    5=4x
    x=5/4 =1,25
    cts

    ReplyDelete