27.11.09

Se algunha vez estás de mal humor...

Aquí tes a miña achega para combater esa sensación, baseada na música, como non podía ser doutro xeito. Divido as cancións en dous tipos, un para momentos máis melancólicos que coléricos e o outro para o contrario, aínda que calquera persoa pode estar en desacordo coa miña clasificación. Para os puristas, as miñas escusas pola mestura:



Modo melancólico

Para os que teñades Spotify: Melancólico

Modo colérico

Desta lista non inclúo a ligazón a Spotify porque hai demasiadas cancións que non están no catálogo.

Estas son as primeiras cancións que chegaron á memoria, non pretendín ser exhaustivo. Hai que entender que estou a facer un simulacro de exame de números enteiros simultaneamente.

Creo que vou escoitar a segunda lista agora.

4 comentarios:

  1. jajaja, está ben a lista, aínda que tamén podes engadir a de smack my bitch up, de prodigy ou ronan keating coa de when you say nothing at all no modo melancólico xD.

    sabes escoller ben ;)

    ReplyDelete
  2. Supoño que Smack my Bitch Up no modo colérico, non?
    A min tamén me gusta, por certo, pero censurei a lista (xa sabes, polo vídeo XD)
    A segunda non me soaba de nada, pero acabo de escoitala, quizais un pouco Boyzone de máis. Dun estilo semellante, si que me gusta Chasing Cars de Snow Patrol

    ReplyDelete
  3. Mira, xa que puxeche a Yann Tiersen en modo melancolico xa podias haber posto Comptine d'un autre été: l'après midi. e coa de Wake up xa pasas do modo colerico ao modo melancolico, despois xa alivias coa de Wish you were here, jajajajaja.

    ReplyDelete
  4. Pois tes razón, a que pos ti é preciosa tamén. E máis triste, a verdade. Nun xogo que posteei hai uns meses, Orthought, a banda sonora (feita por un compositor profesional) lembraba a Comptine d'un autre été:l'apres midi, polo menos no comezo. Ou iso lembro.
    As listas que fixen foron bastante aleatorias, e dependen máis do humor do que estea o oínte que das cancións en si mesmas.

    ReplyDelete