11.11.09

Enfermo

Saturn After Equinox, NASA

Pero non de gripe A. Nin sequera de gripe común. Dunha vulgar viriase.

Así que entre ficha de exercicios de repaso e ficha de "problemas de pensar" (todos sabedes de que fala un profesor de Matemáticas cando di iso, verdade?), teño bastante tempo para surfear pola rede. E hai varias cousas que pagan a pena, claro:

En primeiro lugar, para aqueles que lles guste a informática "de verdade" (é dicir, nada de ver pelis en streaming nin xogar co Photoshop; a disciplina que provoca estas materias nas carreiras: Enxeñería Informática na UDC) , google acaba de lanzar unha linguaxe de programación, Go, aberta e con documentación e tutoriais na web oficial. Como exemplo, o típico programa "Hello World":

package main

import "fmt"

func main() {
fmt.Printf("Hello, 世界\n")
}
En moitos blogs recollen este lanzamento: Genbeta, NeoTeo, ALT1040.


E como mostra de "problemas de pensar", déixovos un par dos que lles puxen hoxe aos alumnos de 2ºB:

  • Primeiro un "fusilado" do Concurso Canguro Matemático do 2008:
A un cubo cortámoslle as esquinas do xeito amosado:


Cantas arestas forman a figura resultante?
  • E en segundo lugar un texto cifrado, tirado dun relato curto que deu lugar a unha famosa película de ciencia ficción (demasiadas pistas xa):
R HLGPBDR OVQ IÑV OVPRE OGMNVUVM R CÑR TAVR SLBCCRL RCNR EG MÑL, VPRDBEVE RNVENRDVENV G SGLUV UVLVBNG, V UVBPVE VMORLRL R DBLRUR RG CGEZG UR TÑLOR UG UBMTG. RCR GEUV MVLBRE RM UÑRM MV G EGMG MRNVCBNV XGMV ÑE LVCGPG, GSMVLORLRE ÑE DBEÑMTÑCG GORCG VMTÑLG.

Ademais estes días tivo lugar o Casual Gameplay Design Competition #6. Aló atopei varios xogos interesantes. Entre eles gustáronme especialmente os seguintes:

  • Small Worlds, pola atmosfera do xogo, tanto no aspecto visual retro como no plano musical.
  • Full Moon, polos puzzles que presenta.
Pero había moitos máis na web, así que ide e ollade. Abur!

6 comentarios:

  1. ai si enfermo ti o tes e conto, non tes ganas de traballar, e qedas durmindo qe se esta mellor.
    ou tamen qedabaa pero teño qe madrugar.

    VIVA O CARNABAL
    qero decir
    CARNABAL CARNABAL CARNABAL

    ResponderEliminar
  2. Era boa...
    Se teño máis traballo aquí na casa que no instituto...

    ResponderEliminar
  3. Seguro que 30? Como as contaches?

    ResponderEliminar
  4. Son 36: 3.8?=24, 24+12=36
    cts

    ResponderEliminar
  5. Son, efectivamente, e creo que o teu xeito de contalas é o máis económico: 3 novas arestas en cada vértice (3·8=24) xunto coas 12 arestas vellas ,que non desapareceron, só minguaron de lonxitude.

    ResponderEliminar