20.11.09

Ai, a docencia!

Nas últimas semanas tiven a oportunidade (é dicir: o tempo) de seguir moitas fontes na rede relacionadas coa docencia das Matemáticas: blogs de profesores de Matemáticas (por certo, case todos norteamericanos), blogs de pedagogos, webs de colectivos profesionais...
Non sei se é algo habitual entre os compañeiros, pero canto máis "sei" sobre a docencia, máis perdido estou. E o mellor é que non atopo a razón concreta.

A ver se repasar (caricaturizar, que é máis divertido) as liñas básicas das opinións máis comúns sobre o ensino das Matemáticas axuda:

  • Por un lado temos aos "tradicionalistas". Pensan, grosso modo, que o ensino dos contidos clásicos (normalmente isto refire á maquinaria alxébrica e á análise elemental) está fóra de dúbida. Adoitan soster que este ensino é tanto mellor canto máis cedo comece.

  • Seguimos cos "tecnófilos": Cren que todo mellora se o fas cun gadget electrónico, a ser posible se o manipula o propio alumno (aínda que isto non é necesario, só hai que pensar nas maravillas das PDI). Unha parodia que vos vai transmitir moito mellor ca min está no seguinte vídeo:



Podedes ver críticas humorísticas ao mal uso das tecnoloxías na educación no blog do Profesor Potachov de Moldavia. Algunhas son impagables. Rematemos esta pequena "clasificación"
  • Os "Señor Lobo": Os que viron Pulp Fiction saberán de que falo. A aprendizaxe debe artellarse arredor da resolución de problemas. Polo que, para introducir as potencias de expoñente 7 (por exemplo, ou mellor as raíces de índice 13) haberá que deseñar algunha actividade (mellor relacionada coa vida cotiá) na que aparezan de modo "natural". Aínda lembro un curso no CEFORE da Coruña, hai 4 anos ou así, no que Fernando Corbalán, coñecido divulgador das Matemáticas recoñecía que un grupo de profesores de Matemáticas non foran quen de atopar aspectos da vida cotiá dos alumnos relacionados directamente coa Álxebra... durante un ano de traballo! E hai que ter en conta que si foron quen de atopalos no Análise, na Estatística,...

Como xa dixen, isto non é máis que unha caricatura, e non pretende máis que iso. As cousas rara vez son tan sinxelas. Pensade na famosa frase de Johan Von Neumann, grande matemático:

"If people do not believe that mathematics is simple, it is only because they do not realize how complicated life is"

"Se a xente non cre que as Matemáticas son sinxelas é só porque non se decatan do complicada que é a vida"


Un mesmo profesor pode adoptar distintas posturas nun único día de traballo, imaxinade entón o difícil que será clasificar a eses mesmos profesores. Un aspecto estraño disto é que as posturas adoitan radicalizarse nas discusións, tanto máis se estas suceden na rede.
Eu mesmo aínda non sei onde estou. O que resulta máis gracioso tendo en conta que hai un par de anos si o sabía.
Para finalizar por hoxe, un anaco dunha frase de Pulp Fiction do Señor Lobo, aínda que non a que moita xente que viu a película lembrará, claro, non poño ese vocabulario por aquí: iso déixoo para as clases ;)

"I think fast, I talk fast, and I need you two guys to act fast if you want to get out of this"

Ai, a docencia! Se as cousas non son tan complicadas, simplemente somos


3 comentarios:

  1. jorge!! q tal todo??? a min de momento vaime todo ben. Por certo, o q eu che diga, o blog está moi pouco usado, o ano pasado tiña mais visitas. Veña, vémonos.

    ResponderEliminar
  2. Pois ben. Respecto ao que dis, ten máis visitas este ano, pero menos comentarios. Xa sabes, non haberá ningunha suba de notas...

    ResponderEliminar
  3. jajajaa, este ano parece que se acabaron as subidas de nota por facer ben os problemas do blog xD, o das visitas pode ser, pero se visitas os problemas algun podes comentar, non sei, iso non o entendo moi ben. Por certo, este ano vés ti con nós ó camiño de santiago ehh? non nos deixes. Un saúdo JJ

    ResponderEliminar