29.12.09

Números consecutivos

Gustoume este problema que atopei onte. A ver se alguén o dá feito:

Encher os 5 ocos seguintes con números consecutivos (pero claro, desordenados) de tal xeito que a multiplicación estea ben:


(Tede en conta que son dous números de dúas cifras e un número dunha soa cifra)

E para analizar a vosa capacidade de concentración, un xogo, 25 boxes, no que simplemente hai que atopar o símbolo, letra ou número indicados no panel en branco. É sinxelo ata que o panel comeza a aparecer reflexado ou xirado. E daquela tampouco é imposible. Na captura de pantalla vedes xa atopado o número 14 e marcado o 20.


0 comentarios:

Post a Comment