14.4.09

Un de medicinas





Un enfermo ten que tomar exactamente unha pastilla dun medicamento A e unha pastilla dun medicamento B cada día. As dúas pastillas, que non se poden distinguir a simple vista, teñen que ser tomadas ao mesmo tempo. En caso contrario, o enfermo morrerá. O paciente ten un frasco do medicamento A e outro do medicamento B. Colle na man unha pastilla de A, e mentres sostén na outra man o frasco do medicamento B, este esvara e cáenlle na man dúas pastillas B, de tal xeito que agora ten tres pastillas na man. Como as pastillas non se poden diferenciar, agora non sabe cal é do medicamento A e cales do B. As pastillas sonche ben caras, polo que non quere guindalas ao lixo. A pregunta é obvia:

Como farías ti para non estragar as pastillas e tomar a dose adecuada?

E velaquí outro xogo, neste caso un verdadeiro reto á velocidade mental e aos reflexos. Está en inglés, pero en cada fase é sinxelo intuir que é o que hai que facer.

Four Second Frenzy

3 comentarios:

  1. OLA A TODOS!!
    PENSEI NUNHA SOLUCIÓN, PERO SOLO NO CASO DE QUE AS PASTILLAS SE POIDAN PARTIR POLA METADE!!!
    JOTA, XA ME DIRÁS.
    UN ABRAZO.

    ResponderEliminar
  2. Podes, Rocío, claro que podes. Creo que vas ben por ese camiño.

    ResponderEliminar
  3. pois entón o que faría é o seguinte:
    teño na man 2 pastillas B e unha A, así que as parto todas pola metade,con coidado, de separalas unha metade á dereita e a outra metade á esquerda, nun lado tería dúas medias partes de B e unha media parte de A. No outro lado o mesmo.
    Collo unha pastilla A e a parto á metade, unha media para un lado e outra metade ó outro.
    Así teríamos en cada lado:
    2 medias partes de pastillas de A ( 1/2 + 1/2 =1), e 2 medias partes de pastillas de B, que farían 1.
    Así un día me tomaría tódalas pastillas dun lado e ó seguinte tódalas do outro lado.
    A alguén se lle ocorre outra forma de facelo??
    bicos.

    ResponderEliminar