13.4.09

Recargando

Aquí estamos outra vez! Teño que recoñecer que xa estaba un pouco farto de ver a foto de Einstein no blog.
Para comezar, un xogo que está tendo moito éxito na blogosfera, I wanna be the guy. Lede por exemplo o que comentan en Vida Extra sobre o xogo aquí. Se queredes xogar a algo realmente difícil, enriba tedes o enlace á descarga da demo.

Para continuar, unha pista para o problema da leira, que, se o tentastes, veredes que é máis complicado do que parece a simple vista, precisamente polas catro árbores que faltan. Se estivesen esas árbores, quizais sería máis sinxelo acomodar unha estrela que cumprise as condicións do problema, como comentaron naquel post.

Por se non queredes ver a pista, é dicir, aínda non "botastes papas", déixoa oculta. Por certo, só é unha das cinco liñas que hai que formar, tampouco é moita pista.


SPOILER





E para rematar, un novo problema, este rapidiño, para variar un pouco:

Que símbolo matemático hai que poñer entre os seguintes números para obter outro maior que 4 e menor que 5?

1 comentarios: