En primeiro lugar, un simulador do Sistema Solar, Planets que admite varias modificacións sobre a vista standard. Unha das características que máis me gustaron é a de poder trazar o ronsel que deixa un obxecto visto desde outro calquera. Pero tamén podedes modificar a velocidade, a perspectiva, crear outros obxectos proporcionándolle ao programa o seu diámetro e os seus parámetros orbitais. Ollade o ronsel que deixa Venus visto desde a Terra:
En segundo lugar, un simpático vídeo sobre ... ben, sobre todo. Creo que o que máis me gusta é o final:
E para rematar, dous xogos, ámbolos dous retro, pero moi distintos en canto á súa proposta:
- O primeiro, The Adventures of One Button Bob, é un xogo de habilidade no que, como era previsible, coa axuda dun único botón teredes que ir pasando distintos retos.
- O segundo, Where We Remain, é un xogo de exploración no que vós manexades ao "Chico", que ten que atopar á "Chica" (síntoo por esta mostra de machismo-carpetovetónico-nunvideoxogo). Ao comezo do xogo tedes que escoller un nome para o "Chico" e outro para a "Chica". A pantalla de xogo lembra á do xogo clásico de NES Adventure of Link (Zelda II).
E digo eu, sobre o planets, o de ver o ronsel que deixa un planeta visto dende outro non é utilizando o sistema Tolemaico?
ResponderEliminarNon, Jose, fíxate no caso máis sinxelo: o da Lúa arredor da Terra. Nós vémola facendo unha circunferencia (+ou-) pero sabemos que visto o noso movemento desde "fóra" veríase moi distinto,non?
ResponderEliminarMira esta outra simulación, menos configurable, pero que deixa claro isto que acabo de dicir:
http://phet.colorado.edu/simulations/sims.php?sim=My_Solar_System