Unha pequena referencia ao lema deste blogue |
Hoxe traio un xogo, Sequester, que lembra automaticamente a outro, Cardboard Box Assembler, do que xa falara por acó hai máis dun ano.
As coincidencias son obvias pois é, como aquel, un puzzle, e a dinámica do xogo transcorre na superficie dun cubo. O obxectivo de cada pantalla é chegar a unha porta de complicado acceso, e a dificultade reside na secuencia de pasos que hai que dar para activar resortes utilizando a xeometría (e a topoloxía) da superficie do cubo.
E a principal diferenza está en que Sequester presenta un leit motiv ou fío condutor para a pescuda do cativo protagonista. E esa historia está ben asistida pola atmosfera creada pola música e os gráficos.
Bo xogo, se vos gusta pensar mentres premedes as frechas do teclado. Unha mágoa que non deixe gardar o progreso, así que se comezades, tentade rematalo á primeira.
0 comentarios:
Publicar un comentario