De Abstruse Goose, NUM63R5 |
Na Khan Academy hai publicado un curso chamado "Journey into Cryptography" no que desenvolven os conceptos matemáticos e computacionais máis básicos desta disciplina, tratando tamén aspectos históricos. Entre outros son comentados o Teorema fundamental da Aritmética, os espazos probabilísticos, a famosa cifra César, as máquinas de cifrado da 2ª guerra mundial, os xeradores de números pseudo-aleatorios... Un repaso máis que suficiente para coñecer o esencial.
Para que vexades o estilo, déixovos o vídeo da introdución (lembrade que premendo CC no reprodutor podemos ver a transcrición do audio, que aínda non funciona dun xeito satisfactorio)
Pode interesar a Criptografía a un adolescente actual? Hai que ter en conta que hoxe en día publicamos diariamente datos polos que hai non tanto tempo as axencias tiñan que investigar.
Aínda así, a resposta é afirmativa. Pode estar interesado pola seguridade da transmisión dos datos, a un nivel moi elemental, simplemente para que os seus amigos non poidan facer comentarios sobre a súa orientación sexual se deixan aberta unha conta no tuenti. Que, por se non o sabedes, é o habitual nestes casos.
0 comentarios:
Publicar un comentario