A entrada que compartín en twitter de I Hope This Old Train Breaks Down... (por certo, outro blogue para seguir no feedly) deume a idea de ir compartindo este verán problemas e puzzles interesantes pero que non sexan dos que todos oímos/lemos mil veces; é dicir, non esperedes o puzzle dos 9 puntos nin o das garrafas e semellantes (dos que moitos, ademais, xa apareceron por aquí) nin o típico problema da velocidade media. Aínda que é probable que os que vaia compartir, dado que están na literatura especializada, sexan familiares para os lectores. Se cadra ata resolvo algún...
Para comezar a xeira un ben fermoso, que xa coñecía pero que a devandita entrada trouxo de volta das arañeiras da memoria:
Imaxinade que tedes unha tarta rectangular á que xa lle comestes un anaco tamén de forma rectangular. Algo así:
Un queique algo raro, xa o sei |
Como faríades para cortar o que queda de tarta en dous anacos iguais?
0 comentarios:
Publicar un comentario