20.10.14

Que ten de bo Google+?

Chegas case á hora da cea á casa despois das sempre trepidantes avaliacións iniciais, entras en Google + e a nova máis recente é de Terry Tao. Pensas brevemente que seguir a matemáticos de relevancia mundial (medallas Fields nada menos) crea unha falsa sensación de contacto que define perfectamente o século que vivimos. Achas que Tao está a comentar un problema que lle propuxeron ao seu fillo nun Math Circle, soáche lixeiramente familiar, quizais dos libros de Yakov Perelman ou similares, polo que decides compartilo no teu blogue:


3 granxeiros foron vender polos á feira. Un tiña 10 polos para vender, outro 16 e o último 26. Para non se faceren competencia, acordaron vender os polos ao mesmo prezo. Mais á hora de comer observaron que as vendas non ían moi ben, de tal xeito que decidiron baixar o prezo común. Ao final do día os tres granxeiros venderan todos os seus polos. Resultou que todos obtiveran a mesma cantidade de diñeiro, 35$, das vendas do día. Cales foron os prezos dos polos antes e despois da comida?

Boa sorte con este óso.

2 comentarios:

  1. 3,75$/pollo antes de la comida y 1,25$/pollo después de comer. No doy más detalles para que todo el mundo pueda disfrutar éste bello y elemental problema.

    ResponderEliminar
  2. Perfecto, J. Saavedra... Estabas aí agochado esperando un problema así de fermoso? ;)
    Por certo, creo que o blogue fixo algo raro co LATEX, poñendo un símbolo de dólar a cada lado da expresión debería abondar para que convertese as expresións, e poñendo dous símbolos a cada lado ademais crea unha liña e centra a expresión.

    ResponderEliminar