![]() |
Velaquí dous hexágonos regulares. Hoxe propóñovos que fagades un hexágono regular con estes dous. Como a tarefa enunciada deste xeito é demasiado xeral, douvos unha pista: só hai que cortar o hexágono vermello en catro pezas e deixar o verde como está.
Aínda coa pista a tarefa segue a ser complicada. Polo que vou deixar ademais a ratio entre os lados, que é boa pista tamén. Premede se queredes vela:
SPOILER
Se chamamos y ao lado do hexágono verde e x ao lado do vermello, entón y=\frac{4x}{3}
De vez en cando un problema difícil non está mal...
Complicada? A min levoume un tempo, pero iso demostra máis a miña a incapacidade que a veracidade da afirmación da dificultade do problema.
Sabendo cal é a ratio entre os lados destes hexágonos, tamén sabemos que o lado do que se vai construir é de \frac { 5 }{ 3 } x
A cerna da cousa: partimos o lado do hexágono pequeno en tres partes iguais (\frac { 1 }{ 3 } x
Despois resolver o crebacabezas é ben simple. E pensar que tiven que debuxar uns 20 hexágonos!
ResponderEliminar
Home, Cibrán, eu creo que es ben modesto, tan sinxelo non era. E tamén: imaxina non saber a ratio e ver os hexágonos aí, sen datos ningúns...
ResponderEliminar