Hai uns días que vin esta demostración sen palabras do Teorema do Coseno no tumblr The Math Kid, e despois reblogueado en Visualizing Math. Tiña pensado explicar o que se coce na figura, mais cambiei de opinión ao lembrar que as mellores brincadeiras perden cando as súas engrenaxes son expostas. Por isto, déixovos a versión que fixen eu no Geogebra para que argalledes vós mesmos:
Desta nin pistas vou dar, déixoo como exercicio para o lector...
Interesante demostración, nunca a vira. Está claro que se basa na potencia dun punto, neste caso un punto interior á circunferencia.
ResponderEliminarPois si, en The Math Kid non foron moi discretos niso: Teorema da Corda, chámanlle por aló
ResponderEliminarPareceume ver algo semellante "noutro sitio": http://matematicasnarua.blogspot.com.es/2013/10/o-teorema-de-pitagoras.html
ResponderEliminarPois si, Cibrán :) Pero desta non foi porque o esquecera, senón porque aínda que a demostración é esencialmente a mesma, resulta sorprendente que funcione tamén para o Teorema do Coseno. Noutras ocasións si que metera a zoca ben... Estou pensando en imprimir o blogue para telo máis a man XD
ResponderEliminarTampouco será tan difícil imprimilo no traballo cando xa en 'The IT Crowd' soubemos o pouco que ocupa.
EliminarPero iso é porque a caixiña negra sospeitosa(a.k.a. Internet) é máxica como a casa de David o Gnomo ;)
Eliminar