Revisando as últimas adquisicións, atopei un algoritmo baseado nas operacións elementais sobre matrices que permite facer un cálculo ben coñecido na ESO. Só vou explicar como funciona o algoritmo, deixando os detalles ao amable lector, que se note en que facultade estudei, polo menos non vou dicir que é trivial(aínda que o sexa).
Collamos dous números calquera, 126 e 210, que ben poden aparecer nun libro de texto de 1º de ESO. Poñámolos en forma de columna xunto á matriz e tentemos chegar a que un dos dous números se convirta en 0 mediante operacións elementais:
Agora que obtivemos o 0 no lugar , o elemento é o , e ademais, os elementos e son os escalares da combinación linear dos números 210 e 126 que garante o Teorema de Bezout:
Este algoritmo permite tamén obter a solución de ecuacións diofánticas lineais. Se quixésemos resolver, p.ex., , non habería máis que obter os escalares mencionados arriba, neste caso , e multiplicar os dous membros da igualdade por 9(condición necesaria e suficiente para que unha ec. diofántica linear teña solución é que o M.C.D. dos coeficientes sexa divisor do termo independente).
Un par de cuestións:
Cantas operacións elementais hai que efectuar para obter o máximo común divisor mediante este método?
E máis importante, por que funciona chantar a matriz identidade ao lado do noso vector?