18.5.22

Global Teaching Insights

Compartindo o asunto desta entrada en twitter reparei en que non contara nada no blog, cuestión que veño a resolver.

Entre a 3ª avaliación do curso 2020/21 e o verán seguinte estiven inmerso de xeito intermitente nun traballo coordinado polo profesor da Universidad de Alcalá Pedro Ramos, xunto cos profesores de secundaria doutras comunidades Cristina Miguel, Juan José López e Lara Villaseñor. O traballo consistiu en analizar unha sesión de clase dunha aula dun instituto xaponés, na que un profesor desenvolvía a resolución de ecuacións de 2º grao apoiándose na representación xeométrica, o tradicional "completar o cadrado" pero non visto de xeito puramente alxébrico.

A organización destes estudos correu a cargo da OCDE, se seguides este blog un anaco deberíades notar os meus calafríos. A explicación: aceptei entrar no grupo antes de saber quen organizaba. Por outra banda, tamén saberedes daquela que neste blog xa falei do TIMSS 1999 Study Video nunha entrada na que confesaba que quedara abraiado co nivel dos problemas propostos. Polo que, en conclusión, I regret nothing.

Explicado todo isto, velaquí o vídeo e os comentarios que fixemos os participantes do grupo:


PS: non vai o iframe do vídeo, deixo aquí o link mentres non se resolve o problema


Póñovos tamén a ligazón á web Global Teaching Insights, onde poderedes atopar máis vídeos con sesións de clase de varios países. Algúns son verdadeiras xoias da ensinanza, en moitos sentidos.


0 comentarios:

Publicar un comentario