26.5.24

Olimpíada Matemática Galega 2024-Fase Final - 2

 

Imos co 2º problema da fase final deste ano, este xeométrico:


No próximo Arde Lucus haberá un circo romano no que se realizarán espectáculos e loitas de gladiadores. A forma do circo será un tanto inhabitual, trátase, como se amosa na figura, de dous círculos superpostos de radio 136,64 metros:

a) Cal será o perímetro do circo?

b) Que porcentaxe da área do círculo da esquerda se solapa coa do círculo da dereita?


Cantos logotipos se basearán nesta figura?



O problema é tradicional, ao punto de que é habitual velo de vez en cando en libros e na rede, pero como os cativos que van á OMG non están sobreadestrados(ou iso quero crer), seguramente non o coñecesen, e tivesen que partir de cero para resolvelo.

Quizais só teña unha péga que poñerlle: non son redundantes os dous apartados? Unha vez resolves o a), vendo o ángulo, que resta para responder o b)?

Como curiosidade, os meus alumnos de 2º de ESO probablemente non saberían facelo. A estas alturas non traballamos áreas aínda.

0 comentarios:

Publicar un comentario