28.4.26

Olimpíada Matemática Galega 2026-Fase Local-3


O terceiro problema sorprendentemente tamén era de xeometría. E tamén de áreas.

Pero requiría un razoamento totalmente diferente.


Problema 3

No cadrado ABCD, os puntos E, F, G e H son os puntos medios dos lados.

Se I é o punto medio do segmento GH, que fracción da área do cadrado ABCD representa a área o triángulo EFI?

   

Confeso que me fallou a intuición: en canto vin a figura pensei que precisaría usar a semellanza de triángulos, e cando por fin sentei no salón de actos, despois de repartir as follas e atender os participantes, puiden resolvelo simplemente "recortando" figuras cos lados paralelos aos lados de ABCD. E logo aínda mellor, só movendo un punto.


O problema é ben fermoso, mais coido que se dependese de min, sacrificaría ou ben este ou ben o anterior.


2 comentarios:

  1. Eu neste penseino de entrada trazando o cadrado GFEH. Pero agora que dixeches o de mover un punto, que non se me ocorrera, penso que me gusta máis.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois o do cadrado tardei en velo, debeu ser o 4º xeito. Para que vexas...

      Eliminar