26.6.09

Aínda non rematamos

...de todo. Onte na blogosfera non se falaba doutra cousa, e non me refiro á morte de Michael Jackson, que tamén. Estou a falar desta imaxe:





Na que o sorprendente é que as dúas espirais que non son rosas son da mesma cor!
Non é alucinante? Se non volo credes, baixade a imaxe e abrídea co Photoshop (ou mellor, co GIMP) e observade os códigos desas cores. Exactamente os mesmos.

Como dicía, esta imaxe foi comentada nunha morea de sitios, agora lembro:
Neatorama, Discover, Microsiervos, ALT1040. En calquera deles atoparedes unha explicación da razón desta ilusión óptica, grosso modo podemos dicir que ten que ver con que o ollo humano non recoñece cores absolutos, senón que distingue cores por comparación coas demais cores próximas. Nunca vos pasou que non estades seguros de se unha peza de roupa é azul escura ou negra (ou verde ou azul) e non o soubestes ata que comparastes con outra? Pois por aí vai a cousa.

Hoxe non vou poñer ningún problema de Matemáticas, en troques hoxe toca un problema de pensamento lateral, como os que resolvestes na clase os últimos días do curso. Xa sabedes, conto unha historia moi curta con poucos detalles, e vós tedes que facer preguntas para averiguar o que pasou. A ver se vos animades! Velaí tedes:

Un home salta por unha fiestra, e no preciso instante no que está polo aire, soa o teléfono, e el, mentres cae, arrepíntese de terse guindado.

Xa sabedes? Veña, animádevos.


E para acabar, unha cousa que nunca pensei que fose colgar aquí, pero que o momento obriga. Como nin morto deixa colgar os seus vídeos noutras webs, escoitade as cancións e ide ao youtube a ver os vídeos:




No youtube: Billie Jean






E no youtube: Smooth Criminal

2 comentarios:

  1. En primeiro lugar, gustaríame dicirche que,por se che deu a idea de quitar o blog, non o quites, senón, onde vou escribirche eu se o ano que vén igual non me das clase?.
    En segundo lugar, durante as vacacións podemos falar no platform racing 2, e gustaríame que me contaras cousas da excursión, xa que dis que quedará para o recordo.
    En canto á canción, smooth criminal esta bastnate ben. Tamén me gusta a de "black or white" ou "You rock my world", entre outras.
    E acabo xa dicíndoche (fora peloteos) que eres o único profesor que tiven ata agora co que tiven tanta confianza como para xogar contigo nun xogo, falarche das nosas preferencias musicais ou falarche coma se foras alumno coma nós.
    A de cousas que aprendín do que contabas na clase... Estareiche agradecido.

    ReplyDelete
  2. Grazas por todo, Javier.

    ReplyDelete