22.2.11

Interlocked Waterfall



Interlocked é a versión "dixital" dos tradicionais crebacabezas de madeira nos que hai que desmontar a peza. Obviamente ten unha vantaxe: cada fase é unha peza nova. E isto non é unha parvada ,tendo en conta o prezo dos puzzles de madeira.

A dinámica do xogo é sinxela: rotamos a montaxe co rato no modo "visión" e prememos espazo para pasar a desmontar as pezas, no modo "manipulación". Prememos espazo outra vez para volver ao modo visión.


E leva uns días pola rede (foi subido a Youtube, o 30 de xaneiro) este misterioso vídeo baseado nun dos máis famosos paradoxos do artista holandés M.C.Escher, Waterfall:






Como faría o autor para reproducir este efecto imposible?

Unha posible solución apareceu en Boing Boing, pero aínda non hai solución "oficial"

Is this how the Escher Waterfall machine works?

2 comentarios:

  1. Noraboa polo blog e grazas por compartir o teu traballo. Aproveito para decirche varias cousas: vouche coller "prestados" uns exercicios de fraccións, para os meus alumnos, da túa wiki, pois xa estou algo aburrida dos meus e os teus están xenial.
    E segundo, tiven ilusións ópticas co teu blog, :),pois cando o vin, pensei, matemáticas na rúa, ben, despois vín matemáticas na ría e ata vín o mar nesa foto de cabeceira (Cedeira confundiume) e hoxe dinme conta que son matemáticas na Rúa, esa vila tan cercana, :)

    un saúdo desde Ourense.
    Conchi

    ReplyDelete
  2. Pois graciñas a ti, Conchi!
    O de Matemáticas na Rúa débese a que empecei o blog hai dous anos cando estaba no I.E.S. Cosme López Rodríguez. Agora que estou en Cedeira pensei en cambiar o nome ao obvio Matemáticas na Ría, pero de momento deixeino como lembranza aos alumnos de alá.
    Pois nada, podes utilizar o que queiras, ese é un dos obxectivos de telo pola rede. A fin de contas, eu non inventei as fraccións XD

    ReplyDelete