Iso é o que tento facer nas miñas clases, principalmente naquelas nas que o tempo máximo continuado de atención está arredor dos 20 segundos. Clases nas que, cando queres explicar o que é o ano-luz (a complicación típica consistente en que é unha medida de distancia e non de tempo), a resposta é:
- Es un año en el que hay luz. En plan que no está oscuro.
(O creativo alumno deu permiso explícito para que apareza tal definición neste blog, esperemos que non haxa que pagarlle á SGAE por isto...)
En fin, polo menos este ano aínda non escoitei ningunha escusa do estilo:
Un monstro comeu os meus deberes.
Que é o título do último xogo estraño que vin, A monster ate my homework, un xogo dentro do xénero physics-puzzler, no que hai que botar á auga aos monstros que ameazan os vosos deberes:
O único que hai que facer antes de que evitedes que os monstros coman os vosos deberes é instalar o plug in de Unity Player (que probablemente non teñades instalado)
0 comentarios:
Publicar un comentario