Interlocked é a versión "dixital" dos tradicionais crebacabezas de madeira nos que hai que desmontar a peza. Obviamente ten unha vantaxe: cada fase é unha peza nova. E isto non é unha parvada ,tendo en conta o prezo dos puzzles de madeira.
A dinámica do xogo é sinxela: rotamos a montaxe co rato no modo "visión" e prememos espazo para pasar a desmontar as pezas, no modo "manipulación". Prememos espazo outra vez para volver ao modo visión.
E leva uns días pola rede (foi subido a Youtube, o 30 de xaneiro) este misterioso vídeo baseado nun dos máis famosos paradoxos do artista holandés M.C.Escher, Waterfall:
Como faría o autor para reproducir este efecto imposible?
Unha posible solución apareceu en Boing Boing, pero aínda non hai solución "oficial"
Is this how the Escher Waterfall machine works?
Unha posible solución apareceu en Boing Boing, pero aínda non hai solución "oficial"
Is this how the Escher Waterfall machine works?
Noraboa polo blog e grazas por compartir o teu traballo. Aproveito para decirche varias cousas: vouche coller "prestados" uns exercicios de fraccións, para os meus alumnos, da túa wiki, pois xa estou algo aburrida dos meus e os teus están xenial.
ResponderEliminarE segundo, tiven ilusións ópticas co teu blog, :),pois cando o vin, pensei, matemáticas na rúa, ben, despois vín matemáticas na ría e ata vín o mar nesa foto de cabeceira (Cedeira confundiume) e hoxe dinme conta que son matemáticas na Rúa, esa vila tan cercana, :)
un saúdo desde Ourense.
Conchi
Pois graciñas a ti, Conchi!
ResponderEliminarO de Matemáticas na Rúa débese a que empecei o blog hai dous anos cando estaba no I.E.S. Cosme López Rodríguez. Agora que estou en Cedeira pensei en cambiar o nome ao obvio Matemáticas na Ría, pero de momento deixeino como lembranza aos alumnos de alá.
Pois nada, podes utilizar o que queiras, ese é un dos obxectivos de telo pola rede. A fin de contas, eu non inventei as fraccións XD