3.6.23

Olimpíada Matemática Galega 2023-Fase Final-3

 O terceiro problema desta fase final é un coñecido exercicio de matemáticas recreativas, o de atopar un número autodescritivo:


Problema 3

Ada é unha rapaza moi organizada e sempre que ten que inventar un contrasinal para unha nova aplicación escribe un número que sexa doado de recordar por ela, seguindo algunha propiedade interesante. Neste caso, o contrasinal que utilizou para a aula virtual deste curso ten as seguintes características: 

  • É un número de dez díxitos.
  • O primeiro díxito é igual á cantidade de ceros do contrasinal.
  • O segundo díxito é igual á cantidade de uns.
  • O terceiro revela a cantidade de douses.
  • E así sucesivamente, ata o décimo díxito, que indica a cantidade de noves.

Saberías obter o contrasinal de Ada?


É unha verdadeira mágoa coñecer o problema xa e non poder desfrutar de atopar a solución.


0 comentarios:

Publicar un comentario