4.1.10

Cousas que leo

En primeiro lugar, unha pequena animación fotograma a fotograma:

parkour motion reel from saggyarmpit on Vimeo.



Este blog está a piques de cumprir un ano de existencia. E, como avanza o título do post, vou comentar os blogs de Matemáticas e Educación que teño no Google Reader. Que non son todos os que leo deses temas, pero si son os que me parecen tan interesantes como para subscribirme a eles. (Para os que non saiban o que é o Google Reader, digamos brevemente que é un servizo que che avisa de cando un blog ao que estás subscrito ten contido novo, é dicir, foi actualizado).

Imos aló:

Blogs de Matemáticas:

  • MAA Minute Math: É un blog da Mathematical Association of America, que propón problemas de nivel instituto case diariamente.
  • Acertijos y más cosas: Non é exactamente un blog de Matemáticas, máis ben trata sobre problemas de lóxica, pensamento lateral, puzzles, xogos,... Ás veces utilizo nas aulas problemas tirados deste blog como problemas alternativos.
  • Good Math, Bad Math: O autor é un enxeñeiro de Google, e adoita comentar aspectos divertidos das Matemáticas e tamén malos usos (e quen os perpetra)
  • Gower's Weblog: O blog persoal dun matemático gañador da Medalla Fields, Timothy Gowers. Actualiza moi de vez en cando, pero cando o fai sempre paga a pena.
  • What's New: Outro blog persoal dun gañador da Medalla Fields, Terry Tao. Este prodixio australiano é probablemente un dos matemáticos máis coñecidos da actualidade. Lede a súa biografía na wikipedia para coñecelo un pouco: Terence Tao. Por certo, o blog adoita ter certo nivel, así que non pensedes que se pode ler como se fose un xornal deportivo (en realidade, eu só leo os posts que podo chegar a entender, como este: Fórmula de Stirling)
  • Gaussianos: Un blog español sobre Matemáticas en xeral: matemátic@s, teoremas, historia, problemas,...

Blogs sobre Educación:

  • dy/dan: O blog dun artista da docencia matemática, Dan Meyer. A súa serie de posts What can you do with this? é impresionante.
  • f(t): Da profesora Kate Nowak, con boas reflexións sobre a práctica docente.
  • JD2718: Un profesor de Matemáticas no Bronx.
  • Mathsclass: Un blog con multitude de recursos didácticos e ideas para clases.
  • Tanya Khovanova Math's Blog: Non exactamente sobre educación xeral, senón sobre preparación de alumnos a concursos e olimpíadas. A autora foi medalla de ouro na Olimpíada Internacional de Matemáticas e mantén unha web, Number Gossip, na que podes aprender propiedades dos números naturais. Por exemplo, o número 2010 é: Abundante, Composto, Par, Maligno, Práctico, Libre de Cadrados, Ulam e Intocable.
  • Let's Play Math: En palabras do autor, "As Matemáticas son un xogo: xogar con ideas. Este blog trata da aprendizaxe, o ensino e simplemente xogar coas Matemáticas de instituto"
  • The Exponential Curve: O autor, Dan Greene, comparte estratexias de ensino e recursos que utiliza nas aulas.
  • Continuities: Reflexións desde Chicago sobre a aprendizaxe dos alumnos.
  • Math Stories: Mr. K actualiza rara vez, pero os seus posts sobre as actividades reais están moi traballados.
  • Research in Practice: Este blog trata da investigación en Educación Matemática. Unha mágoa que non actualice con maior frecuencia.
  • Thoughts on Teaching: O blog dun profesor de Inglés que apunta ideas moi boas sobre o funcionamento das clases. Inactivo desde hai un tempo.
  • The Number Warrior: Jason Dyer comenta tanto aspectos educativos das Matemáticas como competicións internacionais de puzzles. A miúdo achega ligazóns moi interesantes sobre Matemáticas.
  • Noticias de Educación: Un blog español que fai un varrido da rede para atopar tódalas novas dos medios que fan referencia dalgún xeito á educación.

E isto é todo, polo menos no que se refire a ligazóns no Google Reader.

0 comentarios:

Post a Comment