10.1.10

Na véspera

Para hoxe, un aritgrama, que xa vai tempo que non propoño un. Como sempre, cada letra representa un díxito:



(Collido prestado do Journal of Recreational Mathematics)



E tamén un xogo, Add Em Up, no que o obxectivo é eliminar as celas numeradas antes de que quedes sen movementos. Tes que colocar a cela de enriba da dereita nun lugar do taboleiro no que as celas veciñas sumadas dean o valor da nova cela. Nas sumas que superan o valor 10 só temos en conta a última cifra. Por exemplo, nesta imaxe a cela co valor 2 ao ser situada como veciña do 8, o 0 e o 4 fai que desaparezan todas, pois 8 + 4 = 12


O xogo tamén ten un modo puzzle, considerablemente máis difícil.

0 comentarios:

Publicar un comentario